fans

martes, 27 de septiembre de 2011

Por un ensino público de calidade

16 mestres e mestras do CEIP A SECA asistiron á manifestación de Santiago para reivindicar un ensino público de calidade e que algúns

lunes, 26 de septiembre de 2011

Filosofía para pensar

Coidamos que o noso alumnado ten que ir pensando en buscar outros modos de vida, pois a sociedade non pinta ben. Para que inicien a súa andadura en busca de novos retos, un mestre e tres mestras embarcanse na Filosofía para pensar como recurso metodolóxico de gran axuda. Tentaremos que o noso alumnado aprenda a pensar mellor e nun futuro tome decisións acertadas, cando menos que fagan unha sociedade máis humana e harmoniosa.

martes, 20 de septiembre de 2011

NOVO PROXECTO

Hoxe empezamos a traballar nun novo proxecto.Imos aprender cousas sobre a evolución do home ,as súas casas,...
Para ir facendo boca deixámosvos un enlace dun video moi interesante.

http://youtu.be/hHCIhEvBOj0

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Un novo curso escolar

Xa estamos no cole preparando a volta para acoller agarimosamente ao noso alumnado. Aínda que escoitemos comentarios de que os mestres traballamos pouco non os temos en conta porque sabemos que non é así. Benvida a todas as familias. Este ano temos unha nova: XA PERTECEMOS A REDE DE ESCOLAS UNESCO.