fans

miércoles, 6 de junio de 2012

UNESCO

Mañán, día 7 de xuño o noso colexio inaugura a placa que a identifica como escola da rede UNESCO. Para toda a comunidade eductiva é un gran día. Agora temos que poñernos a traballar para que os principios propostos pola UNESCO sexan unha realidade.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Dúas alumnas de 2º premiadas no certame de poesía e relato curto Xaime Illa convocado polo Concello de Poio
Eva recibe o 1º premio de poesía na súa categoría e  Carolina o 1º premio da súa categoría en relatos.


                        NORABOA !!!

jueves, 3 de mayo de 2012

Visita á fábrica PESCAMAR para completar o Proxecto de Patrimonio.

miércoles, 2 de mayo de 2012

YOGOTE

Aínda que seguimos metidos de cheo no noso proxecto de PATRIMONIO, polo camiño imos facento outras cousas que nos parece interesante compartir.
Este é o caso do YOGOTE, que é o uso de xestos internacionais ao tempo que falamos. Esto permitenos comunicarnos con persoas de outras linguas.
Neste enlace podedes saber máis e practicar . http://www.yogote.net/

videoEstos son algúns exemplos feitos por nen@s do noso cole. video

video

video

video


martes, 13 de marzo de 2012

PATRIMONIO


Arranca un novo proxecto : PATRIMONIO INDUSTRIAL

1ª estación CONSERVAS MONTENEGRO.
Hoxe saímos para coñecer o edificio obxecto de estudo
Guiados por Manolo e Sergio fixemos parada en Lourido.





Aquí está o edificio da fábrica,unha antiga conserveira.
Puidemos ver, moi ben conservados, a cheminea, a casa onde se cambiaban as mulleres que traballaban alí e o almacén.






   







  Na actualidade o edificio alberga un
taller de escultura.
 








Que lle deparará o futuro?

jueves, 8 de marzo de 2012

GRACIAS AVOAS

video


Para completar a nosa investigación sobre as mariscadoras fixemos dúas novas actividades.A 1ª foi unha saída a ver onde facían o seu traballo e a 2ª e mellor foi recibir a visita de dúas delas, AURITA e HERMITAS, avoas de Elias e Hugo que nos contaron cousas maravillosas.
Emocionámonos con elas e emocionáronse con nos escoitando un clásico adicado ás mulleres.
VAI POR TODAS NÓS, AS MULLERES
http://youtu.be/imK2IWzy6Fs

sábado, 3 de marzo de 2012

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro día 8 celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora que este ano  Poio adica ás mariscadoras.
Co noso traballo desta semana e coa axuda das libretas viaxeiras nas que o noso alumnado recolleu o testimonio das nais,avoas,tías e veciñas mariscadoras; pretendemos aprender cousas sobre o seu durísimo traballo e rendirlles a nosa propia pequena homenaxe.
Aquí deixamos algún enlace que nos permite saber máis:


http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/2011/03/dia-da-muller-traballadora.html

http://vello.vieiros.com/especial/muller.html

Rocio Méndez

   Mariscadoras:
Ellas, las mariscadoras
Combarro y sus mariscadoras

UN MAR DE MULLERES
Investigando e preguntando soupemos que o do marisqueo é un traballo moi duro pero moi bonito, e que a malloría de persoas que se dedican a facer este traballo a pé son mulleres.
Na entrada do noso cole estamos montando unha bonita exposición con traballos feitos por nos e fotos cedidas pola Casa Rosada .