fans

martes, 13 de marzo de 2012

PATRIMONIO


Arranca un novo proxecto : PATRIMONIO INDUSTRIAL

1ª estación CONSERVAS MONTENEGRO.
Hoxe saímos para coñecer o edificio obxecto de estudo
Guiados por Manolo e Sergio fixemos parada en Lourido.





Aquí está o edificio da fábrica,unha antiga conserveira.
Puidemos ver, moi ben conservados, a cheminea, a casa onde se cambiaban as mulleres que traballaban alí e o almacén.






   







  Na actualidade o edificio alberga un
taller de escultura.
 








Que lle deparará o futuro?

jueves, 8 de marzo de 2012

GRACIAS AVOAS



Para completar a nosa investigación sobre as mariscadoras fixemos dúas novas actividades.A 1ª foi unha saída a ver onde facían o seu traballo e a 2ª e mellor foi recibir a visita de dúas delas, AURITA e HERMITAS, avoas de Elias e Hugo que nos contaron cousas maravillosas.
Emocionámonos con elas e emocionáronse con nos escoitando un clásico adicado ás mulleres.
VAI POR TODAS NÓS, AS MULLERES
http://youtu.be/imK2IWzy6Fs

sábado, 3 de marzo de 2012

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro día 8 celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora que este ano  Poio adica ás mariscadoras.
Co noso traballo desta semana e coa axuda das libretas viaxeiras nas que o noso alumnado recolleu o testimonio das nais,avoas,tías e veciñas mariscadoras; pretendemos aprender cousas sobre o seu durísimo traballo e rendirlles a nosa propia pequena homenaxe.
Aquí deixamos algún enlace que nos permite saber máis:


http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/2011/03/dia-da-muller-traballadora.html

http://vello.vieiros.com/especial/muller.html

Rocio Méndez

   Mariscadoras:
Ellas, las mariscadoras
Combarro y sus mariscadoras

UN MAR DE MULLERES
Investigando e preguntando soupemos que o do marisqueo é un traballo moi duro pero moi bonito, e que a malloría de persoas que se dedican a facer este traballo a pé son mulleres.
Na entrada do noso cole estamos montando unha bonita exposición con traballos feitos por nos e fotos cedidas pola Casa Rosada .