fans

lunes, 19 de diciembre de 2011

CENTRO ARQUEOLOXICO DE A CAEIRA

Hoxe fixemos unha interesante saída ao Centro arqueolóxico de A Caeira.
  • Exposición e proxección no Pazo de Ferreirós








  • Despois un  paseo que nos permitiu aprender máis sobre os nosos ancestros, ver arte rupestre ao natural e disfrutar dunha maravillosa paisaxe. Recomendámosvos para estas vacacións unha excursión por esta zona que ademais forma parte do voso entorno.





    domingo, 11 de diciembre de 2011

    FOTOMATÓN

    A primeira parte deste proxecto completarase o martes  visitando a ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA.
    Estamos a convertirnos en auténticos homes do PALEOÍTICO.



    viernes, 25 de noviembre de 2011

    25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



    HOMES E MULLERES, TODOS SOMOS IGUAIS
    MURAL FEITO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º

    Tanga e o gran leopardo é unha bonita historia, picade onde di "conto narrado" e a disfrutar
    Dende aquí un recordatorio e unha pequena homenaxe ás mulleres maltratadas
    http://youtu.be/ZQJp7CFDaZM








    lunes, 21 de noviembre de 2011

    Falando de evolución  non podemos olvidar a  DARWIN coñecido como "EL PADRE DE LA EVOLUCIÓN". Para saber mais cousas del podedes consultar estes enlaces:
    • Darwin neno
    http://youtu.be/Gwdhe3GERTg
    • Biografía
    http://youtu.be/Y3NoM-onbpU
    • Para saber máis
    http://www.elmundo.es/especiales/2009/02/ciencia/darwin/index.html

    martes, 15 de noviembre de 2011

    Seguimos avanzando: xa chegamos ao HOMO SAPIENS. Nós somos os seus descendentes. Descubrimos e construímos moitas cousas, pero temos aínda que ocuparnos doutras moitas.
    • A Natureza.
    • Os valores humanos.
    • A Educación...
    Imos pouco a pouco recollendo información para contrastar os nosos estilos de vida cos que se desenvolveron na prehistoria.

    martes, 8 de noviembre de 2011

    PALEOLÍTICO

    Agora sabemos que a evolución do home comezou nun tempo chamado paleolítico

    martes, 18 de octubre de 2011

    HOMO HABILIS

    HOXE INVESTIGAMOS SOBRE O HOMO HABILIS. IMOS SUBIR UN VIDEO MOI INTERESANTE SOBRE AS DIFERENZAS ENTRE O AUSTROLOPITHECUS E O HOMO HABILIS.

    martes, 27 de septiembre de 2011

    Por un ensino público de calidade

    16 mestres e mestras do CEIP A SECA asistiron á manifestación de Santiago para reivindicar un ensino público de calidade e que algúns

    lunes, 26 de septiembre de 2011

    Filosofía para pensar

    Coidamos que o noso alumnado ten que ir pensando en buscar outros modos de vida, pois a sociedade non pinta ben. Para que inicien a súa andadura en busca de novos retos, un mestre e tres mestras embarcanse na Filosofía para pensar como recurso metodolóxico de gran axuda. Tentaremos que o noso alumnado aprenda a pensar mellor e nun futuro tome decisións acertadas, cando menos que fagan unha sociedade máis humana e harmoniosa.

    martes, 20 de septiembre de 2011

    NOVO PROXECTO

    Hoxe empezamos a traballar nun novo proxecto.Imos aprender cousas sobre a evolución do home ,as súas casas,...
    Para ir facendo boca deixámosvos un enlace dun video moi interesante.

    http://youtu.be/hHCIhEvBOj0

    miércoles, 7 de septiembre de 2011

    Un novo curso escolar

    Xa estamos no cole preparando a volta para acoller agarimosamente ao noso alumnado. Aínda que escoitemos comentarios de que os mestres traballamos pouco non os temos en conta porque sabemos que non é así. Benvida a todas as familias. Este ano temos unha nova: XA PERTECEMOS A REDE DE ESCOLAS UNESCO.

    martes, 12 de julio de 2011

    XXIV Encontro de Escolas Asociadas UNESCO

    Xa voltamos do Encontro de Melilla e traémosvos unha boa noticia: XA SOMOS ESCOLA UNESCO. París deu a aprobación e xa formamos parte da REDE DE ESCOLAS MUNDIALES. Agora si que temos adquirido un compromiso e hai que traballar para ser realmente unha escola UNESCO.
    Relato das Escolas:


    Desde Melilla os queremos informar, aunque sea brevemente, de lo que está siendo este XXIV Encuentro hasta ahora.
    Primero deciros que Melilla ha sido un excelente descubrimiento para quienes no la conocíamos. Es una ciudad interesantísima tanto por la población como por la estructura de la ciudad.
    Al Encuentro fuimos llegando los participantes de forma escalonada y con algunos incidentes de vuelos: maletas que se pierden, oberbooking en Madrid; pero todo solucionado. El hotel estupendo al ladito de la playa pero sin tiempo para darse un bañito.
    La inauguración en el salón de plenos del Ayuntamiento con parlamentos cortos y una magnífica recepción por parte del mismo Ayuntamiento.
    Ayer jornada intensa de trabajo: conferencia, visita a los templos de la ciudad (templos de las 4 culturas que conviven en harmonía en esta ciudad: hindúes, musulmanes, cristianos, y judios)
    Grupos de trabajo por la tarde y visita a los edificios modernistas (el gran descubrimiento) al caer la tarde. ¿Sabiáis que Melilla es la 2ª ciudad de España en edificios modernistas y la 3ª de Europa? Y es que el arquitecto Nieto que trabajó con Gaudí se vino a vivir a Melilla.
    Hoy nueva sesión de trabajo y visita a la Melilla vieja. A la tarde se hará la Asamblea y la fiesta de despedida. A ver si mañana os podemos dar nuevas informaciones. Ahora a seguir con el trabajo.

    domingo, 3 de julio de 2011

    XXIV ENCONTRO DE ESCOLAS UNESCO

    As mestras Rosana e Susi marchan a Melilla para representar ao CEIP ISIDORA RIESTRA-A SECA DE POIO. Deixaremos ao cole ben alto e levaremos no corazón a todos os nenos e as nenas que este ano fixeron que este proxecto do BOSQUE rematara moi favorablemente. O ano que vén moito máis. Bicos para todos e para todas. Á volta colgaremos algunhas fotos. Grazas por visitar o noso bloc.

    jueves, 30 de junio de 2011

    Para saber das mestras

    De escolas patas arriba
    Non entendes unha palabra

    Non ten por que pintar flores de cores nos cristais cando comeza o curso, pero encántalle facelo. Ninguén a obriga a debuxar monifates para adornar as mesas e tampouco lle esixen decorar de imaxinación as catro paredes desvestidas en setembro. Pero non só non lle importa, adora esa tarefa.

    Na casa, quítalle tempo ao seu lecer persoal mentres recorta e plastifica figuras de personaxes para usar na aula ao día seguinte. Cavila músicas e coreografía para unha non imprescindible función de Nadal cos meniños. O guión non o esixe pero, ademais de facer fichas e cumprir obxectivos dun programa, senta os cativos unha tarde calquera para relatarlles algún conto e falarlles de libros e músicas fascinantes. Ás veces compra pola súa conta material que o sistema non lle proporciona.

    Inventa minutos onde non os hai para elaborar ideas coas que combater a fatiga dos pícaros e espertar o seu devezo por aprender un día si e outro tamén. E non é o seu traballo, pero non evita soar mocos, limpar cus, axudar a lavar mans, curar feridas ou enxugar bágoas. Xestiona berrinches de pequechos descontrolados que algunhas familias finxen non ter tempo para ensinar a non ser caprichudos.

    Multiplicouse moitas mañás para vixiar que algún neno non quedase atrás nun curso con demasiados rapaces por aula. Peteirou algún xantar improvisado sobre a mesa da clase mentres argallaba algunha actividade novidosa. Quedou durmida de cansazo algunha tarde na propia aula despois doutra xornada extenuante espremendo as horas no desafío dun novo día de ensinanzas e aprendizaxes. Superheroe? Non. Unha mestra, como moitos mestres.

    Non sempre un pai lle agradece o que fai por seu fillo. Non todos os días unha nai lle regala unha plantiña. Da man de súa neta un avó tráelle unha rosa da súa horta. Un alumno dille que hoxe, tamén, está moi guapa. Pequenos detalles impagábeis do cotiá a pé dun aula. Ás veces acontecen.

    Hai anos falábase máis de dignificar o labor docente: tratalos coa deferencia que merecen. Agora recórtanlles soldo, insinúanlles que teñen demasiadas vacacións e esíxenlles xornadas máis longas. É isto froito da ignorancia ou da indiferenza? Se a autoestima dun país se mide polo grao de atención, recursos, consideración e interese que a súa sociedade ten respecto da educación, asomámonos a un preocupante precipicio de apatía. Di un proverbio africano: “Para educar un cativo cómpre a tribo enteira”. Pois aquí cómpre que a tribo esperte.

    Roberto Noguerol

    miércoles, 29 de junio de 2011

    vacacións, pero as mestras aínda no cole.

    Bo verán para todos e para todas. Ler, escribir, pero por favor xogar e gozar da praia, do monte e da natureza.

    miércoles, 22 de junio de 2011

    Festa rachada

    Alumnado e Profesorado afirman que foi unha das mellores festas: bailes, xogos de auga, paracaídas e outros xogos.
    Rompendo as barreiras. Convivimos nuns espazos e nuns tempos grupos heteroxeneos formados por distintas idades. Amosamos unhas imaxes da ledicia que sentimos. Jo, que ben en bañador no cole. Esto é increíble.

    martes, 21 de junio de 2011

    Os cumpleanos de xuño

    ANTÍA, UXÍA E ZAIRA.

    Fin de curso

    Estamos todos e todas moi cansos/as. Aínda que as familias pensen que o alumnado non curra, non é verdade. Son cinco horas de traballo diario, case como un adulto. O máis agradable é que sentímonos todos moi acompañados.
    As mestras Rosana e Susi desexan que pasedes un bo verán e que veñamos todos coas pilas cargadas para iniciar un novo curso.

    miércoles, 25 de mayo de 2011

    5 de xuño: Dia do Medio Ambiente

    Como escola adherída a AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA non podemos esquecernos dun día tan importante. Todos e todas os nenos/as e o profesorado estamos a comprometernos a cumprir o CONTRATO EDUCATIVO DA TERRA. De momento temos o compromiso de: aforrar auga, reciclar e aforrar enerxía. Ti tamén podes asinar o CONTRATO para ser un de nós.

    Para compartir

    lunes, 23 de mayo de 2011

    Chega o verán

    Hoxe fixemos Pompas de Xabón. Pasámolo moi ben e xogamos a Pipoca. Estamos a rematar o curso e andamos un pouco cansos. Levamos unha vida moi axetreada, pero resistimos. Contaremos os acontecementos especiais que ocorran ata final de curso.

    Chega o verán

    Estamos a rematar este curso escolar, onde traballamos xuntos e xuntas. Adquirímos habilidades de pensamento coa Filosofía para Pensar. O libro de ELFIE de Mathew Lipman, estanos a ensinar a comprender o mundo.

    jueves, 19 de mayo de 2011

    Marisqueo

    Unha nova xornada e moi especial pois saimos a MARISCAR. Avoa con netas e netos, mamás. As mamás e as avoas gozaron traballando a carón dos máis cativos. Unha imaxe vale máis que mil palabras.

    miércoles, 18 de mayo de 2011

    Educación Infantil

    O ALUMNADO DE E.INFANTIL DA CLASE DE CINCO ANOS ANDIVERON A TRABALLAR AS PARTES DO ESQUELETE. ALGÚNS/ALGUNHAS FIXERON VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE. AMOSAMOS UNHAS CANTAS.

    martes, 10 de mayo de 2011

    Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º visitaron APÍPOLIS e pasáronno fenomenal. Aprendimos de maneira diferente.

    viernes, 6 de mayo de 2011

    O BOSQUE

    Coa presentación que imos a facer a vindeira semana na xuntanza de AXENDA XXI que se vai a celebrar no noso colexio, damos por rematado o PROXECTO BOSQUE.
    Invitámosvos a ver un video elaborado polo profe Pablo no que presentamos as conclusións do noso traballo.
    Agradecemos a colaboración de Pablo no montaxe do video e das familias no traballo de investación e na aportación de bibliografía e outros materiais.

    Para ver o video pon en YOUTUBE - NOS SOMOS O MUNDO-CEIP ISIDORA RIESTRA

    http://youtu.be/zjv-nJSo2K0

    lunes, 2 de mayo de 2011

    Para todas as familias

    As mestras Rosana e Susi queren agradecer o traballo das familias a través das LIBRETAS VIAXEIRAS e tamén por visitar a nosa páxina que é de todos e de todas.
    Acontecementos importante que sucederon no teu ano de nacemento 2004

    Filosofía para pensar

    Hoxe, dous de maio comezamos unha nova andadura pola filosofía co libro de ELFIE. As mestras estamos moi ilusionadas pois apreciamos que o alumnado participa activamente, respecta á comunidade de aprendizaxe e todos e todas estamos a acadar boas habildades de pensamento.
    Co libro de ELFIE queremos afondar en aspectos importantes da vida co claro obxectivo de "Aprender a pensar" en grupo para "Aprender xuntos/as.
    Outro dos libros de Lipman que axuda ao alumnado a interpretar o mundo.

    miércoles, 27 de abril de 2011

    Maio

    O MÉRCORES 11 DE MAIO ACOLLEREMOS NO CENTRO Á ALUMNADO PERTECENTE A ESCOLAS DA AXENDA XXI. DE ANTEMÁN DÁMOSLLES A BENVIDA.

    martes, 12 de abril de 2011

    reforestación

    Os nenos e nenas de 1º aprendemos que unha árbore produce aproximadamente 300m3 de osixeno nun ano, que son suficientes para que respiren dúas personas. Por eso debemos plantar  moitas árbores e coidar os nosos bosques.
    http://youtu.be/Eu0X7Jtsq_o

    jueves, 7 de abril de 2011

    capa de ozono

    DATA: martes, 5 de abril.
    OS NENOS E AS NENAS DE PRIMEIRO ANALIZAMOS A NOTICIA DA REDUCIÓN DA CAPA DE OZONO.
    SAÍMOS AO ENTORNO PARA VER COMO PODEMOS MELLORALO. ATOPÁMONOS MOITO LIXO, PERXUDICIAL PARA O MEDIO AMBIENTE.
    http://youtu.be/4FICiChC1Fw
     http://youtu.be/WdNEnABvhEE

    martes, 29 de marzo de 2011

    miércoles, 23 de marzo de 2011

    Pepe e Felisa




    O primeiro libro de traballo en Filosofía para pensar foi: "Pepe e Felisa". Aprendimos os aspectos básicos para participar nunha comunidade de investigación. Tivemos que facer moitos esforzos para esperar o turno, escoitar activamente aos compañeiros/as e poñer a nosa cabeciña a funcionar para ir adquirindo habilidades de pensamento.

    jueves, 17 de marzo de 2011

    EDUCACION INFANTIL




    O XOVES O EQUIPO DE E.INFANTIL DA SECA SÚMASE A ESTE BLOG. ¡¡¡GUAI!!!, XA SOMOS MÁIS.

    miércoles, 16 de marzo de 2011

    PROXECTOS DE TRABALLO


    Os martes adicámonos ao proxecto BOSQUE. Xa sabemos que O BOSQUE é moi amplo, pero estamos dando resposta ás curiosidades e ás preguntas do noso alumnado.

    FILOSOFÍA PARA PENSAR

    Todos os luns as dúas clases traballamos Filosofía para Pensar. Neste momento do curso estamos co CARTEIRO SIMPÁTICO.

    BENVIDA

    Desde o colexio de A Seca iniciamos o noso blog para enchelo coas actividades máis salientables do día a día das nosas clases de primeiro.
    ¡¡¡Momentazos!!!