fans

miércoles, 6 de junio de 2012

UNESCO

Mañán, día 7 de xuño o noso colexio inaugura a placa que a identifica como escola da rede UNESCO. Para toda a comunidade eductiva é un gran día. Agora temos que poñernos a traballar para que os principios propostos pola UNESCO sexan unha realidade.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Dúas alumnas de 2º premiadas no certame de poesía e relato curto Xaime Illa convocado polo Concello de Poio
Eva recibe o 1º premio de poesía na súa categoría e  Carolina o 1º premio da súa categoría en relatos.


                        NORABOA !!!

jueves, 3 de mayo de 2012

Visita á fábrica PESCAMAR para completar o Proxecto de Patrimonio.

miércoles, 2 de mayo de 2012

YOGOTE

Aínda que seguimos metidos de cheo no noso proxecto de PATRIMONIO, polo camiño imos facento outras cousas que nos parece interesante compartir.
Este é o caso do YOGOTE, que é o uso de xestos internacionais ao tempo que falamos. Esto permitenos comunicarnos con persoas de outras linguas.
Neste enlace podedes saber máis e practicar . http://www.yogote.net/

Estos son algúns exemplos feitos por nen@s do noso cole.




martes, 13 de marzo de 2012

PATRIMONIO


Arranca un novo proxecto : PATRIMONIO INDUSTRIAL

1ª estación CONSERVAS MONTENEGRO.
Hoxe saímos para coñecer o edificio obxecto de estudo
Guiados por Manolo e Sergio fixemos parada en Lourido.





Aquí está o edificio da fábrica,unha antiga conserveira.
Puidemos ver, moi ben conservados, a cheminea, a casa onde se cambiaban as mulleres que traballaban alí e o almacén.






   







  Na actualidade o edificio alberga un
taller de escultura.
 








Que lle deparará o futuro?

jueves, 8 de marzo de 2012

GRACIAS AVOAS



Para completar a nosa investigación sobre as mariscadoras fixemos dúas novas actividades.A 1ª foi unha saída a ver onde facían o seu traballo e a 2ª e mellor foi recibir a visita de dúas delas, AURITA e HERMITAS, avoas de Elias e Hugo que nos contaron cousas maravillosas.
Emocionámonos con elas e emocionáronse con nos escoitando un clásico adicado ás mulleres.
VAI POR TODAS NÓS, AS MULLERES
http://youtu.be/imK2IWzy6Fs

sábado, 3 de marzo de 2012

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro día 8 celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora que este ano  Poio adica ás mariscadoras.
Co noso traballo desta semana e coa axuda das libretas viaxeiras nas que o noso alumnado recolleu o testimonio das nais,avoas,tías e veciñas mariscadoras; pretendemos aprender cousas sobre o seu durísimo traballo e rendirlles a nosa propia pequena homenaxe.
Aquí deixamos algún enlace que nos permite saber máis:


http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/2011/03/dia-da-muller-traballadora.html

http://vello.vieiros.com/especial/muller.html

Rocio Méndez

   Mariscadoras:
Ellas, las mariscadoras
Combarro y sus mariscadoras

UN MAR DE MULLERES
Investigando e preguntando soupemos que o do marisqueo é un traballo moi duro pero moi bonito, e que a malloría de persoas que se dedican a facer este traballo a pé son mulleres.
Na entrada do noso cole estamos montando unha bonita exposición con traballos feitos por nos e fotos cedidas pola Casa Rosada .



domingo, 12 de febrero de 2012

CONGRESO UNESCO

Os pasados 9,10 e 11 de febreiro celebrouse no Palacio de Congresos de Pontevedra un congreso para nenos de Escolas Asociadas á Unesco de Galicia baixo o lema:
 A EDUCACIÓN SÍ É IMPORTANTE.
Un grupo de 15 nenos e nenas do noso cole tiveron a sorte de asistir ao mesmo representando a todos os seus compañeiros/as do CEIP Isidora Riestra.
Fixeron unha estupenda presentación do proxecto sobre a evolución no que estamos a traballaran e divertíronse a tope participando en distintos obradoiros.
Continuaremos traballando a ver si pronto outro grupo pode participar en algunha actividade deste tipo.
A todas as familias grazas pola vosa participación e colaboración. A educación non só é importante, ademais é cousa de todos.

martes, 7 de febrero de 2012

CONGRESO DE ESCOLAS UNESCO. PONTEVEDRA

ESTOY MUY CONTENTA PORQUE  VOY A IR AL CONGRESO. ES  MI  PRIMER  CONGRESO.  ME LLAMO  SOKHNA Y  TENGO 7 AÑOS. MI  COMPAÑERO  MOUNAIM ME  DICE  QUE  TENGO  MUCHA SUERTE.

lunes, 30 de enero de 2012

DIA DE LA PAZ

Fai tempo que no calendario hai un día para todo: Día da muller traballadora, Día da lingua materna, Día da Poesía; en fín unha larga lista de celebracións que como dí o refrán: "Pasou o día pasou a romaría". Hoxe é O DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. Todas as escolas do mundo están unidas neste gran acontecemento. Temos que ter esperanza nos cativos para que sexan eles os que fagan un mundo mellor.
Aínda hai moitos países en guerra. Para todos os nenos e as nenas do mundo que viven permanentemente en guerra e descoñecen o sentimento de PAZ desexámoslle " Que lle veñan moitos días de PAZ.