fans

miércoles, 25 de mayo de 2011

5 de xuño: Dia do Medio Ambiente

Como escola adherída a AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA non podemos esquecernos dun día tan importante. Todos e todas os nenos/as e o profesorado estamos a comprometernos a cumprir o CONTRATO EDUCATIVO DA TERRA. De momento temos o compromiso de: aforrar auga, reciclar e aforrar enerxía. Ti tamén podes asinar o CONTRATO para ser un de nós.

Para compartir

lunes, 23 de mayo de 2011

Chega o verán

Hoxe fixemos Pompas de Xabón. Pasámolo moi ben e xogamos a Pipoca. Estamos a rematar o curso e andamos un pouco cansos. Levamos unha vida moi axetreada, pero resistimos. Contaremos os acontecementos especiais que ocorran ata final de curso.

Chega o verán

Estamos a rematar este curso escolar, onde traballamos xuntos e xuntas. Adquirímos habilidades de pensamento coa Filosofía para Pensar. O libro de ELFIE de Mathew Lipman, estanos a ensinar a comprender o mundo.

jueves, 19 de mayo de 2011

Marisqueo

Unha nova xornada e moi especial pois saimos a MARISCAR. Avoa con netas e netos, mamás. As mamás e as avoas gozaron traballando a carón dos máis cativos. Unha imaxe vale máis que mil palabras.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Educación Infantil

O ALUMNADO DE E.INFANTIL DA CLASE DE CINCO ANOS ANDIVERON A TRABALLAR AS PARTES DO ESQUELETE. ALGÚNS/ALGUNHAS FIXERON VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE. AMOSAMOS UNHAS CANTAS.

martes, 10 de mayo de 2011

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º visitaron APÍPOLIS e pasáronno fenomenal. Aprendimos de maneira diferente.

viernes, 6 de mayo de 2011

O BOSQUE

Coa presentación que imos a facer a vindeira semana na xuntanza de AXENDA XXI que se vai a celebrar no noso colexio, damos por rematado o PROXECTO BOSQUE.
Invitámosvos a ver un video elaborado polo profe Pablo no que presentamos as conclusións do noso traballo.
Agradecemos a colaboración de Pablo no montaxe do video e das familias no traballo de investación e na aportación de bibliografía e outros materiais.

Para ver o video pon en YOUTUBE - NOS SOMOS O MUNDO-CEIP ISIDORA RIESTRA

http://youtu.be/zjv-nJSo2K0

lunes, 2 de mayo de 2011

Para todas as familias

As mestras Rosana e Susi queren agradecer o traballo das familias a través das LIBRETAS VIAXEIRAS e tamén por visitar a nosa páxina que é de todos e de todas.
Acontecementos importante que sucederon no teu ano de nacemento 2004

Filosofía para pensar

Hoxe, dous de maio comezamos unha nova andadura pola filosofía co libro de ELFIE. As mestras estamos moi ilusionadas pois apreciamos que o alumnado participa activamente, respecta á comunidade de aprendizaxe e todos e todas estamos a acadar boas habildades de pensamento.
Co libro de ELFIE queremos afondar en aspectos importantes da vida co claro obxectivo de "Aprender a pensar" en grupo para "Aprender xuntos/as.
Outro dos libros de Lipman que axuda ao alumnado a interpretar o mundo.